Sorteo de «Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939»

Miguel Anxo Seixas Seoane ven de gañar o premio da crítica de Galicia polo segundo tomo da súa biografía de Castelao. Sobre esta biografía falamos co autor no primeiro número de Mazarelos.

Aproveitando o anuncio do premio e grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística realizamos un sorteo de tres packs de «Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939» e unha revista Mazarelos 6. Un será sorteado entre as persoas cunha subscrición activa á Revista Mazarelos. Os outros dous serán sorteados entre aqueles que cumplan uns requsiitos ben sixelos:

  • Darlle un “gústame” ou seguir o noso perfil.
  • Compartir a publicación.
  • Mencionar a 2 persoas nos comentarios.

Podedes participar en calquera das nosas redes sociais e tantas veces como queirades: TwitterFacebook e Instagram.

O prazo remata o día 1 de decembro ás 23:59 e anunciaremos os resultados ó día seguinte, usando unha ferramenta que escolle ao chou entre quen cumpla os requisitos.

Actualización: Os gañadores dos dous libros de Castelao que sorteabamos nas redes foron @KingPolbo e @RU_Rosaleda, que participaron dende o twitter e o terceiro para Elisardo, subscritor de Mazarelos.

Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron e sorte en seguintes ocasións!

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Relacionados